Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do cuarteirón abranguido entre a rúa do Torno e o Paseo Marítimo e a avenida da Mariña en San Cibrao.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 5 de decembro de 2012, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle do cuarteirón abranguido entre a rúa do Torno e o Paseo Marítimo e a avda. da Mariña en San Cibrao, facendo constar que o 14 de xaneiro de 2013, se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este acordo pon fin á vía administrativa. Contra el pódese interpor recurso contencioso-administrativo, ante sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se realice a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, ou a súa notificación no caso do promotor, de conformidade co artigo 46 da Lei da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Cervo, 14 de xaneiro de 2013

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde