Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1760

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2561/2012 RF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2561/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1071/2011 do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: David Lorenzo Costoya.

Avogada: Ana Isabel Fernández López.

Recorridos: Edición de Medios de Información Multimedia, S.L., Luís Dávila Berdud, Ana María Alcalá Navarro, Grupo Emim Comunicación.

Avogado: Pablo Álvarez Escalada.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2561/2012 RF desta sala, seguido por instancia de David Lorenzo Costoya contra a empresa Edición de Medios de Información Multimedia, S.L., Luis Davila Berdud, Ana María Alcalá Navarro, Grupo Emim Comunicación, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Ana Isabel Fernández López, en nome e representación de David Lorenzo Costoya, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña en data vinte de xaneiro de dous mil doce, en autos seguidos por instancia do recorrente contra Grupo Emim Comunicación, Luís Dávila Berdut, María Isabel García Vázquez e a empresa Edición de Medios de Información Multimedia, S.L., sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Emim Comunicación, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

O secretario xudicial