Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1762

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (211/2006).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria por substitución do Xulgado de Sarria, fai público que neste xulgado e co número 211/2006 se seguen autos de división xudicial das herdanzas causadas por Severino Armesto Copa, Estrella López Franco, Josefa Copa Luaces e Carmen Armesto Copa.

Nos devanditos autos consta sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Sarria o 7 de novembro de 2011.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia de Sarria, os presentes autos de división de herdanza número 211/2006, seguidos por instancia de Adelaida Armesto López, representada pola procuradora Sra. López Vila, baixo a dirección letrada da Sra. García Arias, contra Severino Armesto López, Manuel Vázquez Armesto, Antonio Manuel Armesto Guitián, José Armesto Guitián, Asdrúbal Armesto, Abigail Armesto, Arnaldo Armesto, Alba Armesto, Arquímedes Armesto, Ataulfo Armesto, Armando Armesto, persoas descoñecidas e incertas, e no que é parte o Ministerio Fiscal, representado o Sr. Severino Armesto López pola procuradora Sra. López Díaz e baixo a dirección letrada do Sr. Pombo Injerto; non comparece o Ministerio Fiscal, malia estar legalmente citado.

Decido que, estimando parcialmente as causas de oposición formuladas por Severino Armesto López, representado pola procuradora Sra. López Díaz, baixo a dirección letrada do Sr. Pombo Injerto, ao caderno particional incorporado ao presente procedemento elaborado polo contador partidor, Sr. Manuel Campo Moscoso; debo acordar e acordo as seguintes modificacións no caderno particional presentado polo contador partidor:

1. Considerando a indivisibilidade da casa Pacio da Riba, a cal está conformada polas partidas do inventario nº 1, 30, 75 e 48, acordo que realice nova valoración o perito designado, José Manuel Castro López, das partidas referenciadas como un conxunto unitario, procedendo, polo tanto, á súa valoración detraendo o valor das reformas e melloras realizadas polo Sr. Severino Armesto López (que serán obxecto de valoración independente conforme se dirá); unha vez valorada de forma unitaria, procede que o contador partidor a adxudique en pro indiviso entre os herdeiros Severino e Adelaida Armesto López, seguindo o criterio do propio contador partidor na adxudicación realizada por departamentos, respectando o resto de partidas adxudicadas e a propia partición no posible, evitando as compensacións en metálico.

2. Acordo que se proceda a valorar as melloras polo perito xudicial consignadas no fundamento xurídico segundo co desconto procedente, asignando o contador partidor no caderno particional un dereito de crédito á sociedade de gananciais do herdeiro Severino Armesto López, en función do importe que resulte da valoración polo perito designado, José Manuel Castro López.

Desestímase o resto de motivos de oposición.

Non cabe facer especial pronunciamento en materia de custas.

E para que sirva de notificación en forma aos seguintes interesados:

– Manuel Vázquez Armesto, con domicilio en Vilasouto, Calvos, O Incio.

– José Armesto Guitián, mesmo domicilio.

– Antonio Manuel Armesto Guitián, veciño de Barcelona, Montadas, 16, ático 2º.

– Asdrúbal Armesto, domicilio descoñecido.

– Abigail Armesto, domicilio descoñecido.

– Arnaldo Armesto, domicilio descoñecido.

– Alba Armesto, domicilio descoñecido.

– Arquímedes Armesto, domicilio descoñecido.

– Ataulfo Armesto, domicilio descoñecido.

– Armando Armesto, domicilio descoñecido.

– Persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter na división da herdanza.

Expido e asino o presente.

Sarria, 16 de outubro de 2012