Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1538

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013 pola que se publica o orzamento desta universidade para o exercicio 2013.

Aprobado o orzamento económico do ano 2013 polo Consello de Goberno con data do 21 de decembro de 2012, e polo Consello Social o día 27 de decembro de 2012, esta reitoría resolveu publicar o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio económico de 2013, que figura no anexo desta resolución.

Vigo, 9 de xaneiro de 2013

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1. Previsión de ingresos.

Estimación de ingresos para o exercicio 2013

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

31

 

Prezos públicos

15.015.000,00

 

310

Dereitos de matrícula en cursos e seminarios

100.000,00

 

311

Cotas de instalacións deportivas e outros espazos

300.000,00

 

313

Dereitos de matrícula e servizos académicos

14.600.000,00

 

314

Outros ingresos de extensión universitaria

15.000,00

32

 

Outros ingresos procedentes

760.000,00

 

327

Servizos prestados por actividades investigadoras

410.000,00

 

328

Dereitos de custos indirectos

350.000,00

33

 

Venda de bens

4.000,00

 

330

Venda de publicacións propias

4.000,00

Total capítulo III

15.779.000,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

40

 

Da Administración do Estado

3.638.500,00

 

400

Do MEC

3.638.500,00

41

 

De organismos autónomos administrativos

70.000,00

 

410

De organismos autónomos administrativos

70.000,00

45

 

Da Comunidade Autónoma

106.724.848,00

 

450

Da Xunta

106.724.848,00

 

450.00

Financiamento estrutural

84.470.000,00

 

450.01

Financiamento por resultados

13.177.000,00

 

450.02

Financiamento por mellora da calidade

6.480.000,00

 

450.03

Prazas vinculadas e persoal de investigación

2.321.522,95

 

450.09

Outras subvencións

276.325,05

46

 

De corporacións locais

475.100,00

 

460

De concellos

255.000,00

 

461

De deputacións

220.100,00

47

 

De empresas privadas

963.400,00

 

470

De empresas privadas

963.400,00

48

 

De familias e institucións sen ánimo de lucro

83.000,00

 

481

De familias e institucións sen ánimo de lucro

83.000,00

Total capítulo IV

111.954.848,00

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

52

 

Xuros de depósitos

300.000,00

 

520

Xuros de contas bancarias

300.000,00

54

 

Rendas de bens inmobles

50.000,00

 

540

Alugueiros de locais

50.000,00

55

 

Produtos de concesións administrativas

5.000,00

 

550

Produtos de concesións administrativas

5.000,00

Total capítulo V

355.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

70

 

Da Administración do Estado

5.000.000,00

 

700

De ministerios

5.000.000,00

75

 

Da Comunidade Autónoma

8.368.964,00

 

750

Da Xunta

8.368.964,00

 

750.00

Financiamento estrutural

1.982.964,00

 

750.02

Proxectos de investigación

5.500.000,00

 

750.03

Infraestrutura de investigación

886.000,00

76

 

De corporacións locais

160.000,00

 

760

De concellos

80.000,00

 

761

De deputacións

80.000,00

77

 

De empresas privadas

3.500.000,00

 

770

De empresas privadas

0,00

 

771

Contratos de investigación

3.500.000,00

79

 

Do exterior

7.285.000,00

 

790

Da Unión Europea

7.285.000,00

Total capítulo VII

24.313.964,00

Total operacións non financeiras

152.402.812,00

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

87

 

Remanente de tesouraría

10.813.540,00

 

870

Remanentes de tesouraría

10.813.540,00

Total capítulo VIII

10.813.540,00

Total operacións financeiras

10.813.540,00

TOTAL

163.216.352,00

2. Orzamento de gastos.

Resumo xeral consolidado do orzamento de gastos
segundo a clasificación económica

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

Capítulo I. Gastos de persoal

10

Altos cargos e delegados

252.000

100

Altos cargos

252.000

11

Persoal eventual

147.000

110

Retribucións básicas

147.000

12

Funcionarios

53.170.000

120

Retribucións básicas

21.970.000

121

Retribucións complementarias

31.200.000

13

Laborais

10.185.000

130

Laborais fixos

7.885.000

131

Laborais eventuais

2.300.000

14

Outro persoal

16.884.000

140

Persoal docente e contratado

16.334.000

140.00

Contratados docentes

12.800.000

140.01

Profesorado visitante

25.000

140.02

Novas prazas e transformacións

360.000

140.06

Persoal investigador subvencionado-convocatorias MEC

1.474.000

140.05

Lectores

75.000

140.08

Persoal investigador subvencionado-convocatorias Xunta

1.600.000

143

Outro persoal

550.000

143.01

Persoal técnico financiado con subvención pública

550.000

15

Incentivos ao rendemento

750.000

150

Produtividade PAS

740.000

151

Gratificacións do funcionariado PAS

10.000

16

Cotas prestación e gastos sociais a cargo do empregador

11.850.000

160

Cotas da Seguridade Social

11.300.000

162

Gastos sociais do persoal

550.000

162.00

Cursos de formación PAS

195.000

162.99

Outros gastos sociais

355.000

 

 

 

Total capítulo I

 

 

93.238.000

Cap. II. Gastos correntes en bens e servizos

20

Arrendamentos

365.000

209

Licenzas

365.000

21

Reparación e conservación

2.831.497

212

De edificios e outras construcións

1.164.700

213

De maquinaria, instalacións e ferramenta

1.262.274

214

De material de transporte

41.441

215

De mobiliario e equipamento

363.082

22

Material, subministracións e outros

20.144.450

220

Material de oficina

697.755

221

Subministracións

4.561.870

221.01

De servizos administrativos

3.932.500

221.02

De docencia

402.370

221.23

Medios bibliográficos dixitais

227.000

222

Comunicacións

426.623

223

Transportes

179.829

224

Primas de seguros

160.000

225

Tributos

6.000

226

Gastos diversos

5.828.914

226.01

Atencións protocolarias

240.651

226.02

Publicidade e propaganda

324.804

226.03

Xurídico-contencioso

60.000

226.06

Cursos, conferencias e seminarios

2.062.611

226.09

Cotas de organismos

55.350

226.99

Outros gastos

3.085.498

227

Traballos realizados por outras empresas

8.283.459

227.00

Limpeza e aseo

4.120.000

227.01

Seguridade

720.000

227.06

Estudos e traballos técnicos

1.681.730

227.09

Outros

1.761.729

23

Indemnización por razón de servizos

1.508.202

230

Axudas de custo e locomoción

1.024.836

233

Outras indemnizacións

483.366

233.04

Xunta de persoal funcionario PDI

1.750

233.05

Xunta de persoal funcionario PAS

1.750

233.06

Comité PAS laboral

1.750

233.07

Comité PDI laboral

1.750

24

Publicacións

60.000

240

Edicións e publicacións

60.000

 

 

 

Total capítulo II

 

 

24.909.149

Capítulo III. Gastos financeiros

35

Xuros de demora e outros gastos financeiros

50.000

352

Xuros de demora

40.000

359

Outros gastos financeiros

10.000

 

 

 

Total capítulo III

 

 

50.000

Capítulo IV. Transferencias correntes

44

A socied. mercant. est. entid. sen fin de lucro etc.

1.606.000

444

Convenios entidades públicas

1.606.000

47

A empresas privadas

220.500

470

Convenios entidades privadas

220.500

48

Familias e institucións sen fins de lucro

4.776.700

481

Bolsas formación investigadores e profesorado

1.205.000

481.01

Bolsas de viaxe

40.000

481.02

Bolsas para estadías

165.000

481.03

Bolsas estadías FPI

1.000.000

482

Bolsas estudantes

3.348.000

482.01

Bolsas comedor

230.000

482.06

Bolsas integración discapacitados

29.000

482.10

Bolsas para mobilidade

237.000

482.11

Bolsas colaboradores/as

936.550

482.12

Bolsas excelencia académica

22.000

482.15

Bolsas de residencias

85.000

482.99

Outras

1.808.450

484

Outras subvencións e transferencias

223.700

484.01

Subvención asociación alumnado

9.000

484.03

Subvención fundacións

190.700

484.09

Outras

24.000

49

Ao exterior

1.920.000

492

Bolsas de intercambio

1.920.000

 

 

 

Total capítulo IV

 

 

8.523.200

Capítulo V. Fondo de continxencia

50

Fondo de continxencia

360.000

500

Fondo de continxencia

360.000

 

 

 

Total capítulo V

 

 

360.000

Capítulo VI. Investimentos reais

62

Investimento asoc. funcionamento servizos

7.575.503

622

Edificios e outras construcións

3.501.966

623

Maquinaria, instalacións e ferramentas

326.300

625

Mobiliario e equipamento

2.037.237

626

Equipamento docente dos laboratorios

800.000

628

OIM Biblioteca

910.000

64

Gastos de investimento de carácter inmaterial

25.790.500

641

Axuda xeral á investigación

2.183.000

641.01

Gastos de investigación dos departamentos

600.000

641.02

Axudas propias a investigación e a transferencia

1.423.000

641.05

Reunións científicas

160.000

644

Programa investimentos MEC

1.500.000

645

Programa investimentos Xunta

5.500.000

646

Programas investimentos cofinanciados

11.162.500

647

Programas investimentos outros organismos

345.000

648

Contratos de investigación

5.100.000

 

 

 

Total capítulo VI

 

 

33.366.003

 

 

 

Total gasto non financeiro

 

 

160.446.352

Capítulo VIII. Activos financeiros

83

Concesión de préstamos fóra do sector público

120.000

831

Préstamos a longo prazo

120.000

 

 

 

Total capítulo VIII

 

 

120.000

Capítulo IX. Pasivos financeiros

91

Devolución de préstamos recibidos

2.650.000

911

Devolución de préstamos longo prazo sector público

2.650.000

 

 

 

Total capítulo IX

 

 

2.650.000

 

 

 

Total gasto por operacións financeiras

 

 

2.770.000

 

 

 

TOTAL GASTOS

 

 

163.216.352

IV. Normas de desenvolvemento do orzamento 2013.

As normas de desenvolvemento que acompañan o orzamento teñen como obxectivo acadar a correcta xestión do orzamento, do patrimonio e da actividade económico-financeira da Universidade de Vigo. O seu contido refírese á autorización, vinculación e modificación dos créditos, xestión dos gastos de persoal e outros gastos, subvencións, contratación administrativa, xestión do patrimonio e memoria anual.

A súa elaboración realízase ao abeiro do establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, e nos Estatutos da Universidade de Vigo, das normas que rexen a actividade económico-financeira do sector público galego e estatal, entre as cales cabe destacar o novo Plan de financiamento das universidades galegas, a Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, da Xunta de Galicia, a Ley orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, o Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, e o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, así como a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

TÍTULO I
Da aprobación do orzamento e das súas modificacións

CAPÍTULO I
Créditos iniciais e financiamento

Artigo 1. Aprobación dos estados de gastos e ingresos da Universidade de Vigo

1. O orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2013, integrado polos estados de gastos e ingresos, de conformidade co establecido no Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, artigo seis, número cinco, punto un, polo que se modifica a redacción do número dous do artigo 81 da Lei orgánica de universidades, apróbase en equilibrio e cumprindo coa sustentabilidade financeira dentro do teito de gasto establecido polo Consello Social.

2. Para a execución das actividades da Universidade reflectidas nos programas do seu estado de gastos, apróbanse créditos por un importe de 163.216.352 euros.

3. No estado de ingresos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio orzamentario e que por normativa orzamentaria suman o mesmo importe que as dotacións de crédito para gastar.

Artigo 2. Clasificación dos créditos

1. O estado de gastos confeccionarase aplicando unha clasificación funcional por programas que informa do obxectivo que se pretende acadar, unha orgánica que informa sobre o centro ou unidade da Universidade que realiza o gasto e unha económica que informa da natureza deste.

2. Os créditos clasifícanse nos programas funcionais seguintes:

Código

Denominación

111L

Docencia

121D

Apoio ao alumnado e a docencia

131H

Fomento e desenvolvemento da investigación

141B

Dotación de fondos bibliográficos

211E

Extensión universitaria

311V

Dotación e mantemento de infraestruturas

421S

Goberno e administración da Universidade

3. Os créditos clasifícanse organicamente nos seguintes centros de gasto:

Código

Denominación

0000

Reitoría/Xerencia

00CS

Consello Social

00DC

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

00EP

Vicerreitoría de Economía e Planificación

00EU

Vicerreitoría de Extensión Universitaria

00RI

Vicerreitoría de Relacións Internacionais

00TG

Tribunal de Garantías

00VT

Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento

00VI

Vicerreitoría de Investigación

OUR1

Vicerreitoría do Campus de Ourense

PON1

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

BUV1

Biblioteca Universitaria

ORI1

Oficina de Relacións Internacionais

CAT1

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación-CACTI

CIB1

Centro de Investigacións Biomédicas-Cinbio

CITI

Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense-CITI

EMT1

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla-Ecimat

MTI1

Módulo Tecnolóxico Industrial-MTI

ATI1

Centro Singular de Investigación AtlanTIC

INB1

Agrupación Estratéxica para a Investigación en Biomedicina-Inbiomed

AEO1

Agrupación Estratéxica Oceanografía-Ecimat-AEO-Ecimat

CIA1

Agrupación Estratéxica Centro de Investigación Agroalimentaria-CIA

ACE1

Agrupación Estratéxica ACio en Tecnoloxías da Información e a Investigación-ACETIC

00XX

Facultades e escolas universitarias

ALXX

Delegacións de alumnos

LLXX

Departamentos

4. Os créditos de gasto clasifícanse, atendendo a súa natureza, en capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, se fose o caso.

Capítulo

Denominación

I

Gastos de persoal

II

Gastos en bens e servizos correntes

III

Gastos financeiros

IV

Transferencias correntes

V

Fondo de continxencia

VI

Investimentos reais

VIII

Activos financeiros

IX

Pasivos financeiros

Neste exercicio modifícanse os elementos da clasificación económica de gastos que aínda non se correspondían co establecido na Resolución do 19 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Orzamentos (BOE do 28 de xaneiro), que é a que veñen utilizando tanto o Estado como a Xunta de Galicia para homoxeneizar definitivamente a clasificación do orzamento de gastos coas demais administracións e para facilitar a correlación cos elementos de custo da contabilidade analítica.

CAPÍTULO II
Modificación e execución de créditos orzamentarios

Artigo 3. Especialidade dos créditos

Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade específica para a cal se autorizaron ao aprobar o orzamento ou as correspondentes modificacións orzamentarias, respectando os principios de especialidade temporal, cualitativa e cuantitativa.

Artigo 4. Vinculación dos créditos

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitado a nivel de artigo, agás:

a) No capítulo I, os créditos destinados a incentivos ao rendemento (150 e 151), que terán carácter vinculante a nivel de concepto.

b) No capítulo II, serán vinculantes os seguintes subconceptos:

226.01. Atencións protocolarias.

226.02. Publicidade e propaganda.

233.04. Xunta de persoal docente e investigador.

233.05. Xunta de persoal de administración e servizos.

233.06. Comités de empresa de persoal de administración e servizos.

233.07. Comités de empresa de persoal docente e investigador.

c) No capítulo VI, os créditos destinados a equipamento de laboratorios docentes –concepto 626–, e os clasificados no artigo 64, que terán a vinculación co nivel de desagregación que se indique no documento orzamentario.

2. No entanto, terán carácter vinculante, co nivel de desagregación que apareza no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.

3. Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos, e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

Artigo 5. Distribución dos créditos

O orzamento poderá executarse mediante subprogramas. Poderán crearse novos subprogramas unha vez aprobado o orzamento, que poderán ser dotados mediante redistribución de crédito ou transferencia de crédito dentro do mesmo programa de gasto.

Artigo 6. Fondo de continxencia

1. Co fin de facer fronte durante o exercicio orzamentario a necesidades inaprazables para as cales non se fixese en todo ou en parte unha axeitada dotación de crédito, inclúese no orzamento da Universidade a aplicación orzamentaria 0000 421S 500 Fondo de continxencia. Este fondo poderá ser destinado a financiar créditos ampliables ou transferencias de crédito.

2. Este fondo, ademais da consignación inicial contida no orzamento, poderá ser dotado por retencións noutros créditos, con independencia do programa a que se refiran, ou con remanente non afectado de tesouraría; neste último caso precisará autorización previa do Consello de Goberno, e sempre que non signifique un incremento do teito de gasto aprobado para o exercicio 2013.

3. A dotación ou a utilización do fondo, con independencia do indicado nos seguintes artigos, será autorizado pola Xerencia tras a instrución do oportuno expediente. Para a dotación e utilización do fondo deberán xustificarse respectivamente as fontes de financiamento deste e as necesidades orzamentarias que se prevé atender. A Xerencia dará conta periodicamente ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 7. Principios xerais nas modificacións de créditos

1. Son modificacións de crédito as variacións que poden autorizarse nos créditos que financian o estado de gastos para axeitalos ás necesidades que se produzan durante a execución do orzamento.

2. Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno expediente polo administrador/a de centro/ámbito/campus, director/a ou xefe/a do servizo. O expediente conterá unha memoria xustificativa cos motivos que fundamentan a proposta, indicando tanto os referentes á realización do novo gasto proposto como, de ser o caso, a suspensión da actuación inicialmente prevista e a repercusión sobre os obxectivos do programa afectado, e na cal como mínimo se expresarán os programas e conceptos afectados co maior nivel de detalle, así como o seu financiamento no caso de que a modificación implique aumento neto do gasto.

3. As modificacións orzamentarias non poden implicar un aumento do teito de gasto aprobado para o exercicio 2013, coa excepción daquelas subvencións finalistas da Xunta de Galicia, da Administración do Estado, da Unión Europea ou doutras administracións públicas para actividades non previstas no orzamento inicial.

4. Se fose necesario aprobar unha modificación do orzamento que incremente o teito de gasto e non estivese comprendida no número anterior, debe levarse ao Consello Social a aprobación do teito de gasto e a modificación simultaneamente.

Artigo 8. Xeracións de crédito

1. Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, e que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da Universidade, poderán xerar crédito no estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:

a) O alleamento de bens patrimoniais da Universidade.

b) A prestación de servizos.

c) O reembolso de empréstitos.

d) O crédito do exterior para investimentos.

e) O mecenado.

2. No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación orzamentaria específica, se fose o caso. A Xerencia é o órgano competente para a aprobación destas modificacións e no caso de convenios ou resolucións de entidades públicas pode autorizar a xeración de crédito dando credencial do compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da resolución. A Xerencia dará conta periodicamente destas modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

3. O enunciado nos puntos anteriores está supeditado a que non se incremente o teito de gasto establecido para o exercicio 2013.

Artigo 9. Créditos ampliables

1. Terán excepcionalmente a consideración de ampliables os créditos seguintes:

– Os destinados ao pagamento das cotizacións á Seguridade Social.

– Os destinados ao pagamento de xuros, amortización de préstamos ou de operacións de crédito concertadas pola Universidade, así como os gastos financeiros.

– Os destinados á cobertura de necesidades de todo tipo motivadas por sinistros, catástrofes ou outros de recoñecida urxencia.

– Os destinados a atender as obrigas contidas nos programas ou subprogramas de gasto referidos a:

a) Prazas do persoal de administración e servizos.

b) Prazas do persoal docente e investigador.

c) Lectura de teses de doutoramento.

En relación a esta última letra establécese un límite máximo de 1.600 euros de gasto por tese de doutoramento con mención europea ou internacional e de 1.300 euros de gasto para o resto das teses. Estes límites aplícanse para os gastos que se van efectuar con cargo á partida centralizada.

Excepcionalmente, a Comisión de Estudos de Posgrao, na figura da súa presidenta, poderá autorizar o incremento destes límites contra outras aplicacións orzamentarias, logo de solicitude xustificada do director da tese (a solicitude deberá indicar a aplicación orzamentaria, diferente da aplicación centralizada, que se fará cargo da ampliación).

2. A Xerencia autorizará as ampliacións de crédito. O expediente de ampliación de créditos deberá establecer a fonte de financiamento da dita ampliación, distinguindo se se financiará con reducións noutros créditos, con maiores recursos que se vaian obter ou con remanente non afectado de tesouraría. A Xerencia dará conta periodicamente das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

3. O cumprimento do establecido nos puntos anteriores está condicionado a que non se incremente o teito de gasto aprobado para o exercicio 2013.

Artigo 10. Transferencias de crédito

1. Consisten no traspaso da totalidade ou parte dos créditos dun concepto orzamentario a outro do orzamento de gastos, é dicir, na minoración dun ou varios conceptos en favor doutro ou doutros que aumentan globalmente na mesma contía. A proposta de diminución dun crédito dos que teñen financiamento xenérico ten que garantir que, no crédito minorado, quede consignación suficiente para atender os gastos previstos ata o final do exercicio.

2. As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións xerais:

a) Non poderán minorarse créditos que fosen incrementados mediante transferencia.

b) Non poderán afectar créditos incorporados como consecuencia de remanentes non comprometidos en exercicios anteriores.

c) Non incrementarán créditos que, como consecuencia doutras transferencias, fosen obxecto de minoración.

d) Non poderán afectar créditos con financiamento específico, agás autorización, que se deberá acreditar no expediente do ente financiador.

e) Non poderán minorarse créditos ampliables.

3. Non poden incrementarse os créditos iniciais dos subconceptos 226.01 e 226.02.

4. Correspóndelles aprobar as transferencias de crédito aos seguintes órganos:

a) Ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, as transferencias de gastos de capital a gastos correntes, calquera que sexa o programa a que afecten.

b) Ao Consello de Goberno, as transferencias de crédito entre conceptos de diferentes programas, agás as mencionadas na letra a).

c) Ao Xerente, por delegación do Consello de Goberno, as transferencias entre créditos das diversos epígrafes dun mesmo ou de diferentes capítulos de gasto correspondentes ao mesmo programa, agás as mencionadas nas letras a) e b), salvo no caso que se refiran a dotación ou utilización do fondo de continxencia.

Artigo 11. Redistribucións de crédito

1. As dotacións de crédito que sexan realizadas desde os centros xestores de programas de gasto ás diferentes clasificacións orgánicas para a súa xestión descentralizada serán consideradas redistribucións de crédito e non transferencias de crédito, sempre que non modifiquen nin a clasificación funcional nin a clasificación económica.

2. No referente a proxectos de investigación a redistribución poderá realizarse aos diferentes subconceptos que reflicten os diferentes tipos de axudas.

3. As redistribucións de crédito serán ordenadas polo xerente, por proposta do/a vicerreitor/a correspondente en función da materia de que se trate, quen deberá achegar aos administradores/as de centros/campus e xefes/as de servizo afectados/as copia dos acordos de distribución.

Artigo 12. Contratos programa con grupos de investigación

1. A Xerencia, por proposta da Vicerreitoría de Investigación, poderá autorizar a apertura de aplicacións orzamentarias de gasto para os grupos de investigación que subscriban un contrato programa.

A autorización poderá vir acompañada do rexistro como centro de gasto do grupo de investigación, caso no que se lle asignarán os créditos de gasto necesarios para desenvolver o contrato programa, os proxectos e actividades financiadas con axudas externas e internas e os contratos de I+D con empresas e institucións.

2. O contrato programa poderá ter unha duración máxima de tres anos e poderá ser prorrogado ata un máximo da duración inicial prevista.

3. As actividades previstas nos contratos programa poderán ser financiadas mediante axudas propias da Universidade, recursos libres xerados por contratos de I+D con empresas e institucións e proxectos europeos, transferencias desde departamentos e calquera outro recurso, interno ou externo, que non implique un proxecto con aplicacións orzamentarias específicas. En todo caso, este financiamento efectuarase de acordo co establecido na normativa vixente da Universidade.

4. A Xerencia dará conta periodicamente das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 13. Imputación de obrigas

1. Con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento só poderán contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras ou servizos e demais prestacións, ou gastos en xeral, que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario.

2. Non obstante, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente no momento da expedición das ordes de pagamento as obrigas seguintes:

a) As que resulten da liquidación de atrasos a favor do persoal que perciba as súas retribucións con cargo ao orzamento da Universidade.

b) As derivadas de compromisos de gasto debidamente recoñecidos en exercicios anteriores e especialmente as indemnizacións por razóns de servizo xeradas no último trimestre do ano anterior.

c) As que resulten de gastos realizados en exercicios anteriores e se validen na forma regulamentariamente establecida.

3. O reitor é o órgano competente para a validación de gastos, que deberán ter o informe previo do Servizo de Control Interno. Para a validación dos gastos será necesario que, por parte dos órganos que teñen a competencia para autorizar gasto, se confeccione o oportuno expediente, no cal figurará necesariamente a causa da non imputación ao orzamento correspondente e a aplicación a que correspondería imputar o gasto.

4. No referido aos gastos de carácter plurianual.

a) Para a execución de gastos con cargo aos créditos de exercicios futuros, é necesaria a comprobación previa do cumprimento dos límites establecidos na normativa orzamentaria, e será preciso xuntar ao expediente a constatación da dita circunstancia.

b) No caso de que a actuación se refira a un proxecto de investigación ou a un contrato programa, será necesario incorporar no expediente a certificación expresa da existencia do compromiso de financiamento.

Artigo 14. Remanentes de crédito

1. O remanente de tesouraría é un recurso orzamentario obtido, con carácter xeral, pola acumulación de resultados orzamentarios positivos dos anteriores exercicios. O remanente de tesouraría obtense pola suma dos fondos líquidos, máis os dereitos pendentes de cobramento, menos as obrigas pendentes de pagamento.

Para a incorporación ao exercicio orzamentario seguinte dos remanentes de tesouraría, observarase o que establezan as normas de sustentabilidade orzamentaria tanto da Administración autonómica como da Administración central.

Sempre dentro do establecido nas normas a que se refire o parágrafo anterior, o remanente de tesouraría debe aplicarse, en primeiro lugar, a dotación dos créditos necesarios para a devolución dos anticipos reintegrables que financian as diferentes infraestruturas de investigación. En segundo lugar, para financiar proxectos de investigación e demais actuacións con financiamento externo cunha duración que se estenda alén do exercicio económico de que se trate, pola parte do crédito dotado e non executado no exercicio.

Unha vez executadas as actuacións referidas anteriormente, e sempre que queden importes pendentes de aplicación, procederase a incorporar os créditos en fase AD ou D en 31 de decembro.

O reitor excepcionalmente poderá acordar a incorporación do crédito dispoñible en 31 de decembro nas aplicacións orzamentarias correspondentes ás axudas a equipos de investigación, á dotación de laboratorios docentes e á produción científica do exercicio orzamentario corrente, logo de petición que deberá vir acompañada da memoria xustificativa da necesidade. No caso de aprobarse esta incorporación, o crédito debe executarse, ineludiblemente, durante o exercicio a que se incorpore.

2. Os créditos de gasto destinados á execución das actividades previstas nos contratos programa mencionados no artigo 12 serán incorporables mentres se manteña vixente o contrato programa do grupo de investigación.

3. O resto dos remanentes que non se executen en 31 de decembro serán considerados de libre disposición para o exercicio seguinte.

4. Todas as operacións anteriores se entenden sempre supeditadas a que non se supere o teito de gasto establecido para o exercicio 2014.

TÍTULO II
Dos gastos de persoal

Artigo 15. Custos de persoal

1. As retribucións do persoal activo ao servizo da Universidade quedan suxeitas ao que nesta materia dispón a Lei de orzamentos xerais do Estado e a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola comunidade autónoma, segundo a Lei orzamentaria.

2. Cando se produzan baixas nas escalas que hai que extinguir nos cadros de persoal de administración e servizos funcionario ou laboral, procederase á readaptación dos cadros de persoal correspondentes e dos créditos a eles asignados, mediante as oportunas transferencias de crédito entre conceptos dos artigos 12 e 13.

3. Poderanse abrir partidas orzamentarias específicas no capítulo I para gastos de persoal contratado para a prestación de servizos con base en convenios con financiamento externo.

Estes gastos, coas súas cotas sociais, non poderán superar os importes dos convenios subscritos ou ben das previsións de ingresos. Así mesmo, poderanse ampliar as dotacións orzamentarias dos conceptos referidos cando ao longo do exercicio se produza a incorporación de novo persoal co financiamento correspondente.

4. Con cargo aos créditos dos programas 111L e 131H xestionados en centros e departamentos, respectivamente, non se poden realizar contratacións de persoal.

5. A dotación orzamentaria do capítulo I inclúe unha previsión de 60.000 euros para atender o mandato contido no artigo 88.3 dos Estatutos da Universidade de Vigo.

6. A dotación orzamentaria do capitulo VIII inclúe unha previsión de 120.000 euros para anticipos ao persoal, para atender o establecido na Resolución xerencial do 27 de decembro de 2012. Para dar cumprimento ao anterior autorízase a Xerencia, de ser preciso, para ampliar a dotación da partida con cargo ao remanente de libre disposición. A Xerencia dará conta das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

TÍTULO III
Subvencións

Artigo 16. Achegas a fundacións

1. En aplicación do disposto nos artigos 22.2, letra a), da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, e 19.4, letra a), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, quedan autorizadas no exercicio 2013 as seguintes achegas directas a fundacións:

Entidade

Importe

Fundación Escola de Organización Industrial

51.500,00

Fundación Universidade de Vigo-Fuvi

60.000,00

Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal

4.000,00

Fundación para a Promoción da Automoción en Galicia-CTAG

11.600,00

Museo do Pobo Galego

600,00

Energylab

30.000,00

Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

3.000,00

2. Dentro dos límites do crédito orzamentado na aplicación 0000 421S 484, a Comisión Delegada de Planificación e Asuntos Económicos do Consello de Goberno poderá autorizar outras achegas a fundacións, agás aquelas en que, segundo o previsto no artigo 84 da Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, deban ser aprobadas polo Consello Social.

TÍTULO IV
Da contratación administrativa

Artigo 17. Informes e autorizacións previas á contratación administrativa

1. Sen prexuízo da documentación e trámites que estableza a Lei de contratos do sector público, cumprirá informe previo do director do Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas nos casos en que as actuacións afecten edificios da Universidade e as súas instalacións xerais.

2. Os contratos administrativos de servizos, cando supoñan o uso por parte do contratista ou do seu persoal de inmobles, instalacións ou equipamento da Universidade para a prestación dos servizos, requirirán a autorización previa da Xerencia.

Artigo 18. Medidas de racionalización da técnica da contratación

1. O reitor, por proposta da Xerencia, poderá declarar a uniformidade na adquisición de determinados bens e servizos, co obxecto de proceder á realización de compras conxuntas para toda a Universidade ou racionalizar e ordenar a adxudicación de contratos mediante a conclusión de acordos marco, a articulación de sistemas dinámicos de contratación ou a asunción da contratación por servizos especializados.

2. A Xerencia queda autorizada para reter, autorizar e dispor dos créditos correspondentes para a contratación de bens e servizos de forma conxunta para toda a Universidade logo da declaración prevista no número anterior. Así mesmo, poderá reter, autorizar, dispor e obrigar os créditos correspondentes nas contratacións centralizadas de obras, subministracións e servizos.

Artigo 19. Outras normas en relación coa tramitación de expedientes

1. Na proposta de contratación de obras, bens e servizos con cargo a créditos con financiamento específico será obrigatorio indicar a fonte de financiamento e o prazo de xustificación do gasto.

2. Despois do 30 de setembro e do 31 de outubro de cada exercicio non se poderán iniciar expedientes de contratación mediante procedemento aberto ou procedemento negociado, respectivamente, con cargo a créditos do exercicio corrente.

A data límite será un mes antes para os contratos de regulación harmonizada ou calquera dos contratos mencionados no artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector publico, que poidan ser obxecto de recurso especial en materia de contratación.

Con cargo a proxectos de investigación, unicamente se poderán iniciar expedientes de contratación cando o período entre a data de inicio do expediente e a data de finalización do proxecto sexa superior a dous meses. En todo caso, a tramitación só será posible se, computado o tempo de tramitación e de execución do contrato, a xustificación de gastos é posible.

3. Excepcionalmente, tras a debida xustificación do propoñente, o órgano de contratación poderá autorizar o inicio de expedientes despois das ditas datas.

Artigo 20. As actas de recepción

1. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de obras deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, dos facultativos encargados da dirección da obra, do facultativo designado polo reitor, do responsable o dun representante do Servizo de Control Interno e do xerente.

2. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de subministracións ou servizos deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, das persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos dos centros de gasto, do responsable do Servizo de Control Interno, do xerente e, de ser o caso, o responsable do proxecto de investigación a que corresponde o expediente. Nos servizos centralizados, ou cando así o considere oportuno a Xerencia, figurará o responsable a que se destine o obxecto do contrato e o técnico que se designe.

3. Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as subministracións de bens e os servizos que respondan a necesidades permanentes e que supoñan entregas ou prestacións repetitivas, que serán recepcionados mediante dilixencia sobre a factura ou documento xustificativo da entrega por parte do responsable da unidade a que se destine o obxecto do contrato e as persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centro de gasto.

4. Trimestralmente darase conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social das recepcións efectuadas que superen os 450.759,08 euros en obras e 300.506,05 euros en subministracións e en servizos.

TÍTULO V
Da xestión do inventario e patrimonio

Artigo 21. Dos bens mobles inventariables

Serán inventariables como regra xeral os bens non funxibles que reúnan conxuntamente os requisitos que se indican a continuación:

a) Que se lle calcule unha vida útil superior ao ano e non se consuma co uso.

b) Que teñan un custo unitario superior a 400 euros, incluído IVE, gastos de transporte, seguros, canons e accesorios ata a posta en funcionamento, ou se o seu custo inferior comprende elementos secundarios dunha unidade inventariable.

c) Exceptuarase do anterior o mobiliario referente a cadeiras, mesas, armarios ou outro mobiliario semellante, que serán inventariados con independencia do seu valor.

Artigo 22. Alleamento de bens patrimoniais da Universidade

O alleamento de bens producirase mediante poxa, tras a instrución do expediente polo Servizo de Xestión Económica e Contratación, no cal necesariamente se incluirá a súa taxación pericial. Cando o importe sexa inferior a 6.000 euros, a autorización do expediente corresponderá ao reitor e se é superior a esa contía corresponderalle ao Consello Social.

Artigo 23. Actualización do valor contable patrimonial

Autorízase o xerente para ditar as normas necesarias para a actualización en 31 de decembro de 2013 do valor contable do inventario da Universidade.

TÍTULO VI
Da memoria anual

Artigo 24. Elaboración da memoria

1. Os decanos/as, directores/as de escola, directores/as de departamento e os coordinadores/as de programas oficiais de posgrao e títulos propios co apoio dos administradores/as de centro, ámbito ou campus, elaborarán unha memoria económica anual no prazo de tres meses contados a partir do peche do exercicio económico. Esta mesma obriga aplícase aos vicerreitores e á Xerencia, así como aos responsables dos restantes programas de actuación.

2. Estas memorias formarán parte, como anexo, da memoria económica anual da Universidade, que elaborará a Vicerreitoría de Economía e Planificación e a Xerencia baixo a dirección do reitor.

3. As memorias conterán como mínimo unha explicación da execución do orzamento e das modificacións deste, así como una descrición das accións realizadas. A Vicerreitoría de Economía e a Xerencia elaborarán unha instrución conxunta para determinar o contido e formato destas.

TÍTULO VII
Especificidades da xestión dos gastos

CAPÍTULO I
Facultades e escolas técnicas e universitarias

Artigo 25. Créditos para centros

Os créditos do programa de centros inclúen:

a) As dotacións básicas para o sostemento das facultades e escolas técnicas e universitarias que figuran no anexo II.

b) As dotacións para o desenvolvemento das titulacións oficiais de posgrao e títulos propios que se desenvolven por subprogramas dentro de cada centro e que tamén figuran no anexo II.

c) As axudas para as novas titulacións ou transformacións dos estudos de grao e posgrao, por valor de 120.000,00 euros. Esta cantidade será distribuída pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións.

d) As dotacións por calidade docente, que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.

e) As dotacións para as delegacións de estudantes.

Artigo 26. Calidade docente

A dotación de 300.000,00 euros por calidade docente será concorrente e a súa distribución correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade docente. Estes créditos incrementarán os créditos orzados para cada facultade ou escola que se indican no anexo II deste documento.

CAPÍTULO II
Departamentos

Artigo 27 Créditos para departamentos

Os créditos do programa de departamentos inclúen:

a) As dotacións básicas para o sostemento dos departamentos que figuran no anexo II.

b) As dotacións para desprazamentos dos docentes, por produción docente e produción científica, que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.

Artigo 28. Desprazamentos dos docentes

A partida 20130000421S 230 terá no exercicio de 2013 unha dotación de 30.000,00 euros para financiar as axudas de custo intercampus. Esta cantidade será distribuída pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións en función da docencia intercampus de cada trimestre.

Artigo 29. Produción docente

Establécese unha dotación de 200.000,00 euros por produción docente. A dotación será concorrente e a súa distribución correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade da actividade docente en departamentos.

Artigo 30. Produción científica

Neste exercicio distribuiranse 600.000,00 euros incluídos na partida 201300VI131H641. 01 Produción científica. A distribución da partida de produción científica será realizada pola Vicerreitoría de Investigación en función dos resultados de investigación obtidos no exercicio 2011.

Artigo 31. Terceiro ciclo e posgrao

Neste exercicio distribuiranse 300.000,00 euros. A distribución será realizada pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións, logo da decisión da Comisión de Terceiro Ciclo.

CAPÍTULO III
Outras especificidades

Artigo 32. Laboratorios docentes

Na aplicación 201300EP311V626 inclúense 800.000,00 euros, que serán distribuídos pola Vicerreitoría de Economía e Planificación para financiar a dotación de laboratorios docentes.

Artigo 33. Biblioteca

Os créditos da biblioteca inclúen a dotación para a compra de material bibliográfico necesario para os programas oficiais de posgrao.

Artigo 34. Gastos de viaxe, aloxamento e manutención do persoal de administración e servizos

A Xerencia autorizará as actividades do persoal de administración e servizos que impliquen gastos de viaxe, aloxamento e manutención.

Artigo 35. Delegación de estudantes

Os créditos asignados ás delegacións de alumnado –que neste exercicio contarán cunha clasificación orgánica propia para os efectos da correcta xestión da contabilidade analítica da Universidade– terán como primeiro obxectivo atender os gastos derivados das súas actividades propias e dos representantes dos estudantes nos órganos de goberno da Universidade. Para que estas dotacións poidan financiar gastos de carácter inventariable, cumprirá que por parte do decano/a ou director/a e o administrador/a do centro se certifique a necesidade do investimento e se solicite da Xerencia a correspondente modificación de crédito.

Artigo 36. Normas de asignación do gasto centralizado de telefonía

Consígnase un importe de 230.000,00 euros para atender os gastos de telefonía dentro da partida 20130000421S222, incluídos os consumos básicos dos departamentos. Para estes efectos, os importes limite asignados son os seguintes:

– 100 euros/ano por profesor/a a tempo completo.

– 30 euros/ano por profesor/a a tempo parcial.

– 150 euros/ano pola sede do departamento.

Estas asignacións realizaranse asimilando á primeira categoría os contratados polos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva e Parga Pondal e segundo os datos dispoñibles no primeiro día lectivo do exercicio orzamentario.

Artigo 37. Asignación en edificios compartidos

Dada a situación de compartir espazos por diferentes centros e titulacións, asígnase a xestión de edificios e instalacións, así como os gastos de subministracións (auga, luz etc. do seguinte xeito:

a) Dentro do Campus de Vigo, os créditos das facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar asígnanse ao centro de traballo de Ciencias de Vigo e os do Edificio de Fundición ao centro de traballo da Escola Superior de Enxeñaría Industrial.

b) Dentro do Campus de Ourense, os créditos para o mantemento e subministracións administrativas do Edificio Xurídico-Empresarial están consignados no orzamento de Ciencias Empresariais e Turismo, os do Edificio de Facultades e dos pavillóns 1 e 2 na Facultade de Historia e os do Edificio Politécnico e do pavillón de ciencias na Escola Superior de Enxeñaría Informática.

Artigo 38. Bolsas

1. As vicerreitorías de Economía e Planificación, do Campus de Ourense e do Campus de Pontevedra poderán convocar e tramitar, dentro dos seus respectivos ámbitos, bolsas.

Para que as ditas vicerreitorías poidan incluír nas súas convocatorias de bolsas as solicitudes de bolseiros que fagan os centros ou departamentos, cómpre que previamente estea dotada a aplicación orzamentaria correspondente do capítulo IV e envíen ao servizo administrativo correspondente de cada campus un documento contable RC polo importe da bolsa solicitada.

Resolta a convocatoria de bolsas, os documentos contables de execución do orzamento (AD, O, ADO) tramitaranse a través das unidades de xestión económica que dan soporte ás vicerreitorías, con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes.

2. Con cargo á dotación orzamentaria 201300CS421S482.99 Outras bolsas, do Consello Social, convocaranse as bolsas –polo reitor ou vicerreitor que corresponda–, coa finalidade que se recolla nas bases da convocatoria. Os beneficiarios serán alumnos das diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo. A xestión económico-orzamentaria destas bolsas realizaraa centralizadamente o Servizo de Xestión Económica e Contratación.

TÍTULO VIII
Do control interno

Artigo 39. Do control interno

1. O límite mínimo para o exercicio da fiscalización previa do gasto e de 12.000 euros máis IVE, quedando excluídos dela os expedientes de gastos por unha contía inferior.

2. O reitor, por proposta da Xerencia, aprobará un plan de control interno para o exercicio 2013 que elaborará e desenvolverá o Servizo de Control Interno, o cal atenderá as seguintes premisas:

a) Implantar preferentemente o control financeiro mediante auditorías e outras técnicas de revisión realizadas con posterioridade á xestión, de tal forma que esta sexa áxil, eficaz, eficiente e próxima no tempo.

b) Detectar a existencia de irregularidades, deficiencias e áreas de mellora que postas de manifesto, mediante as oportunas propostas e recomendacións, incidan nos procedementos de actuación das unidades xestoras, contribuíndo a evitar a súa reiteración e promovendo a súa mellora.

Disposición adicional primeira

Apróbanse as tarifas de servizos contidas no anexo III.

Disposición adicional segunda

Autorízase o reitor, tras a aprobación dos plans de investimentos polos órganos competentes, para a realización dos trámites oportunos para concertar unha operación de empréstito dentro dos límites da normativa vixente.

Disposición adicional terceira

Autorízase a Vicerreitoría de Economía e Planificación para ditar as resolucións necesarias para establecer as normas de desenvolvemento do orzamento 2013. Así mesmo, a Xerencia poderá ditar as instrucións e ordes de servizo necesarias para a execución e cumprimento destas disposicións e especificamente a adopción daquelas medidas precisas para a implantación do modelo de contabilidade analítica.

Disposición derradeira primeira

O reitor poderá reordenar as competencias propias que nas normas de desenvolvemento do presente orzamento figuran delegadas.

Disposición derradeira segunda

As presentes normas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2013.