Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1574

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (140/2011).

No procedemento de referencia número 140/2011 ditouse sentenza con data 26.9.2012 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora Cristina Alaejos Guinea, en nome e representación de Patricia García Rouco, contra Jesús Isabel Gil Cartaya, declarando a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos con todos os efectos que legalmente derivan de tal declaración, e acordo como medidas reguladoras dos efectos persoais e patrimoniais da ruptura do matrimonio, á marxe das anteriores, as seguintes:

Primeiro. Que se atribúe a garda e custodia do fillo menor á nai, en cuxa compañía vive, e que ambos os proxenitores compartirán a patria potestade.

Segundo. Que se nalgún momento o pai do menor amosa interese en reiniciar o contacto co seu fillo, o réxime de visitas será o que de común acordo establezan ambos os proxenitores tendo en conta a vontade do menor José David Gil García, que xa ten 16 anos de idade.

Terceiro. Que se fixa unha pensión de alimentos a favor do fillo e a cargo do pai, en contía de 250 euros/mes, cantidade que deberá ser aboada, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que designe a nai e que se actualizará anualmente, cada primeiro de xaneiro, conforme o IPC.

Os gastos extraordinarios deberán ser aboados por ambos os proxenitores ao 50 %.

E todo isto sen facer especial condena en custas a ningunha das partes.

Notifíquese ás partes comparecidas a presente resolución, e advírtaselles que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que se preparará no prazo de vinte días ante este xulgado e do que coñecerá a audiencia provincial.

Unha vez que sexa firme, conforme o 774-5ª da LAC 1/2000, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde conste inscrito o matrimonio para os efectos oportunos.

Así, por esta mi sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Isabel Gil Cartaya, esténdese este edicto para que sirva de notificación.

Lalín, 9 de novembro de 2012

O/A secretario/a xudicial