Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1573

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (715/2011).

Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza o 30 de outubro de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o trinta de outubro de dous mil doce.

No recurso de apelación civil número 715/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, en xuízo ordinario 1860/08, sobre reparación de defectos ou vicios de construción en inmoble en elementos comúns e privados, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre partes, como apelante Comunidade de Propietarios da rúa Conde de Andrade, 1-3, e Alcalde Domingo Sierra, 19-21, de Culleredo, representada polo procurador Sr. Rodríguez Siaba, como apelado Larcoruña, S.L., representado pola procuradora Sra. Neira López, e Carpintería de Aluminio J.F., S.L., declarada en rebeldía en primeira instancia. Foi relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña no xuízo ordinario 1860/08, debemos condenar e condenamos a demandada Larcoruña, S.L. a realizar as reparacións necesarias para arranxar as deficiencias apreciadas no garaxe, no relativo á inaccesibilidade de determinadas prazas, e na carpintaría exterior, así como as gretas e fisuras nos paramentos do edifico propiedade da comunidade demandante, de acordo co ditame emitido polo perito xudicial, mantendo en todo o demais o ditame apelado, sen facer especial imposición das custas procesuais causadas na presente instancia».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Carpintaría de Aluminio J.F., S.L., expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial