Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto do concello de Bueu.

De conformidade co establecido no capítulo VI, artigos 99 a 103 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase a convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz substituto no concello de Bueu, conforme as seguintes bases:

1ª. Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz sustituto, por un período de catro anos.

2ª. Solicitudes: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello das 8.00 ás 14.00 horas de luns a venres e das 9.30 ás 13.00 horas os sábados, durante un prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación expedida polo Rexistro central de penados e rebeldes, acompañada de declaración xurada complementaria do solicitante referida a que non se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

3ª. Requisitos: ser español e maior de idade, non atoparse incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade e prohibicións sinaladas no capítulo II, artigos 389 a 397 da Lei orgánica do poder xudicial operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opción efecuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade estar impedido física ou psiquicamente para a devandita función, estar condenado por delito doloso en canto non se obteña a rehabilitación, estar procesado ou inculpado por delito doloso, en canto non se obteña a absolución ou sexa ditado auto de sobreseemento e non atoparse en pleno exercicio dos dereitos civís.

Bueu, 22 de novembro de 2012

Félix Juncal Novas
Alcalde