Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunha explotación gandeira (clave MAS/226 2012).

José Marcelino García Bello, actuando en nome e representación de Gandería García Fernández, S.C., solicitou a esta Alcaldía licenza de obra e de actividade para un proxecto denominado «Proxecto de ampliación dunha explotación gandeira existente, mediante a construción dunha corte libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro no lugar de Mixón-Rodís», clave de MAS/226 2012.

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste Concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimaren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 21 de decembro de 2012

José García Liñares
Alcalde