Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1390

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2094/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2094/2010 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 886/2008 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por María José Lama Fachal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, sobre accidente de grao, se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola demandante, María José Lamas Fachal, contra a sentenza ditada o 15 de xaneiro de 2010 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en autos nº 886/2008, seguidos pola súa instancia contra contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Asepeyo e a empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte Ábside Recursos Humanos ETT, S.A. de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Novoa Santos, 16-20, A Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2012

A secretaria xudicial