Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1388

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3853/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3853/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 595/2011 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: Paulo Jorge Cardoso Rodrigues.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández.

Recorrida: Transportes Visantoña y otros.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3853/2012-VV, de esta sección, seguido por instancia de Paulo Jorge Cardoso Rodrigues contra Transportes Visantoña, S.A. e outros, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Paulo Jorge Cardoso Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, nestes autos sobre despedimento, seguidos por instancia do traballador recorrente contra as empresas demandadas Transportes Visantoña, S.A., Llanera Logística, S.L., Distribuciones Vaamonde, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., e contra a administración concursal de Transportes Visantoña, S.A. e Fernando Luis Vaamonde Romero, así como contra o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Fernando Luis Vaamonde Romero, con último domicilio coñecido na Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial