Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á aprobación dos plans anuais e plurianuais de investimento e desenvolvemento das redes de distribución de enerxía eléctrica presentados polas distribuidoras eléctricas, para o horizonte 2012-2015, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 41.1 alínea o) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que os titulares de redes de distribución de enerxía eléctrica, antes do 15 de outubro de cada ano, deberán presentar os seus plans de investimento anuais e plurianuais ás comunidades autónomas nas que os ditos investimentos se vaian realizar. Por outra banda, o Real decreto 222/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución de enerxía eléctrica, no seu artigo 4.2 alínea b) e no artigo 9, establece que as empresas distribuidoras deberán reflectir a extensión natural da súa rede de distribución nos plans anuais e plurianuais para un horizonte de catro anos, os cales serán remitidos ás comunidades autónomas, para a súa aprobación.

Deste xeito, unha vez aprobados os plans de investimento e desenvolvemento presentados polas distribuidoras de enerxía eléctrica, procede a súa publicación para xeral coñecemento.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Ordenar a publicación dos plans de investimento anuais e plurianuais para o horizonte 2012-2015, para o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, presentados polas distribuidoras de enerxía eléctrica, onde se recollen con carácter indicativo as instalacións que son consideradas total ou parcialmente como extensión natural da rede e que, polo tanto, deben ser realizadas e custeadas polas empresas de distribución responsables delas e recoñecidas na retribución correspondente segundo o establecido no Real decreto 222/2008, do 15 de febreiro.

O acceso a estes plans, pódese facer a través do enderezo da internet:

http://economiaeindustria.xunta.es/plans-de-investimento

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas