Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Faramontaos, número 5089.1, situada nos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, da provincia de Ourense, e promovido por Minecer, S.L.

O artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Faramontaos, nº 5089.1, situado nos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, da provincia de Ourense, e promovido por Minecer, S.L.

Os interesados contarán co citado prazo de trinta días para examinaren a documentación, que estará dispoñible na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar dirixidas a esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012

Ángel Bernado Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas