Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Silleda.

O Pleno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 18 de decembro de 2012, en cumprimento da normativa exposta, segundo o procedemento regulado nos artigos 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aproba este acordo:

1º Aprobar inicialmente o Plan xeral municipal de ordenación urbana do concello de Silleda.

Considerando o expediente tramitado e a seguinte documentación elaborada por EPTISA, de novembro de 2012:

Constan tres caixas con varios volumes en cada una delas; estas caixas identifícanse externamente así:

– «EPTISA. Concello de Silleda. Pontevedra. Plan xeral de ordenación municipal. Caixa tomo I de III. Aprobación inicial. Novembro 2012».

– «EPTISA. Concello de Silleda. Pontevedra. Plan xeral de ordenación municipal. Caixa tomo II de III. Aprobación inicial. Novembro 2012».

– «EPTISA. Concello de Silleda. Pontevedra. Plan xeral de ordenación municipal. Caixa. Tomo III de III. Aprobación inicial. Novembro 2012».

E, como consecuencia, acórdase suspender a concesión de licenzas en aplicación do artigo 77.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia:

A suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos contados desde a dita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Segundo o informe verbal do arquitecto asesor do Concello na sesión da Comisión especial de Contas e Informativa de Economía, Facenda, Réxime Interior, Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural do 14 de decembro de 2012, acórdase que procede a suspensión de licenzas de obra maior en todo o termo municipal, salvo:

– No polígono industrial Área 33 (fases A e B).

– En solo rústico, canto á ampliación de estabulacións existentes da disposición transitoria décimo primeira da Lei 9/2002, Louga.

2º O plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, será sometido simultaneamente ás consultas previstas no documento de referencia e ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, darase audiencia aos municipios limítrofes. Non será necesaria a notificación do trámite de información pública ás persoas propietarias de terreos afectados.

3º Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, o concello obterá das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

4º O concello, unha vez transcorrido o período de consultas e información pública, e con carácter previo á aprobación provisional, enviará ao órgano ambiental a documentación completa do plan que tome en consideración o informe de sustentabilidade ambiental, as alegacións e os informes presentados no período de consultas, así como unha proposta de memoria ambiental de conformidade co disposto no artigo 12 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. Deberá tamén enviar os informes sectoriais e un informe sobre o proceso de participación pública.

O órgano ambiental, no plazo de dous meses desde a recepción da documentación completa elaborará a memoria ambiental.

A memoria ambiental conterá as determinacións finais que deban incorporarse á proposta do plan.

5º Cumpridos os trámites sinalados nos puntos precedentes, o Pleno do concello aprobará provisionalmente o contenido do plan coas modificacións que foran pertinentes e someterao, co expediente completo debidamente dilixenciado, ao órgano autonómico competente que deba outorgar a aprobación definitiva (consellería competente en materia de urbanismo y ordenación do territorio, artículo 89.1 Louga).

6º Notificar estes acordos á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación da normativa patrimonial, en caso de bens da súa titularidade afectados:

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

– Real decreto 1373/2009, do 28 de agosto, regulamento xeral da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O expediente tramitado estará á disposición dos interesados, nas dependencias de Urbanismo do Concello de Silleda, sitas na rúa Alfonso Trabazo, 3, 1º, das 9.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Silleda, 8 de xaneiro de 2013

Paula Fernández Pena
Alcaldesa