Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación para o alleamento, por concurso público, das parcelas do PMS destinadas a vivenda protexida (expediente 1698/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 14 de decembro de 2012, acordou aprobar o expediente de contratación e o prego de cláusulas económico-administrativas para o alleamento, por concurso público polo procedemento aberto, das parcelas 049, 150, 151, 155, 166 e 167 do PMS, con destino á construción de vivenda protexida de réxime xeral, e dispor a apertura do procedemento de adxudicación e a súa publicación mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1698/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio en praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Lotes que se van allear

Parcelas 049, 150, 151, 155, 166 e 167 do PMS (ver detalle).

Garantía provisional

25 % do tipo de licitación do lote de que se trate.

Modalidade de alleamento

Concurso público polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

Lugar de consulta do prego de condicións económico-administrativas e documentación

Oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo:

https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante

Prazo de presentación de propostas

15 días hábiles desde a publicación do último anuncio.

Lugar de presentación de propostas

Luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas.

Sábados: Rexistro do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00 horas.

Presentación por correo ou formas do artigo 38.4 Lei 30/1992:
deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por fax ou telegrama.

Nº de fax: 986 22 47 80.

Forma de presentación de propostas

A indicada no punto 8.2 do prego de condicións, consonte os modelos anexos ao prego.

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas

Na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 10.00 horas do primeiro martes seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións.

As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición dos lotes:

Lote 1. Parcela 049 PMS: parcela 2A PERI praza Elíptica

Situación

Rúa Areosa, Vigo

Ref. catastral

3156803NG2735N0001BK

Inscrición rexistral

Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 912, libro 912, folio 211, predio rexistral 66552

Cargas e gravames

Ver descrición. Sen gastos pendentes.

Tipo de licitación

831.002,60 € (máis IVE)

Lote 2. Parcelas 150 e 151 PMS: parcelas B 8A e 8B P.P. Cambeses-rúa Ignacio Grobas

Situación

Avda. Ramón Nieto, Vigo

Ref. catastrais

6257153NG2765N0001ZU e 6257152NG2765N0001SU

Inscrición rexistral

Rexistro da Propiedade de Vigo nº 2, tomo 2222, libro 1144, folio 37, predio rexistral 68030; tomo 2222, libro 1144, folio 40, predio rexistral 68032

Cargas e gravames

Ver descrición. Sen gastos pendentes.

Tipo de licitación

790.550,24 euros (máis IVE)

Lote 3. Parcela 155 PMS: parcela 8 U.A. 03 Chantada

Situación

Rúa Canicouva, Vigo

Ref. catastral

3223451NG2723S0001ZA

Inscrición rexistral

Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 1525, libro 1525, folio 1, predio rexistral 78701

Cargas e gravames

Ver descrición. 110.424,47 euros de gastos pendentes.

Tipo de licitación

489.208,09 euros (máis IVE)

Lote 4. Parcela 166 PMS: parcela 13.1 U.E. Villalaura

Situación

Rúa Sevilla, 7

Ref. catastral

2850023NG2724N0001GB

Inscrición rexistral

Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 1434, libro 1434, folio 19, predio rexistral 76848

Cargas e gravames

Ver descrición. Sen gastos pendentes.

Tipo de licitación

153.039,56 euros (máis IVE)

Lote 5. Parcela 167 PMS: parcela 13.2 U.E. Villalaura

Situación

Rúa Zaragoza, 46

Ref. catastral

2649508NG2725S0001EX

Inscrición rexistral

Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 1434, libro 1434, folio 25, predio rexistral 76849

Cargas e gravames

Ver descrición. Sen gastos pendentes.

Tipo de licitación

154.427,36 euros (máis IVE)

Vigo, 19 de decembro de 2012

(Resolución do 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo