Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de información pública relativo a unha industria de fabricación de maquinaria de elevación forestal, agrícola e mariña.

Industrias Guerra, S.A. tramita licenza municipal para desenvolver a actividade de industria dedicada á fabricación de maquinaria de elevación forestal, agrícola e mariña, sita na avenida Benigno Sánchez de Vila de Cruces.

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o citado expediente sométese a información pública polo período de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría do Concello das 8.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Vila de Cruces, 19 de decembro de 2012

Jesús Otero Varela
Alcalde