Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por acordo do Pleno do 28 de decembro de 2012, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, á disposición de calquera que queira examinalo, para que presente as alegacións que estime convenientes.

Queda suspendido, de conformidade co disposto no artigo 77.2 e 3 da Lei 9/2002, e 120 do Regulamento de planeamento, o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento en que as novas determinacións deste supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Vilaboa, 2 de xaneiro de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde