Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 26 de decembro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0143/2012-VNA.

Denunciado: Carlos Gestoso Estraviz.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0192/2012-VNA.

Denunciado: Alfonso Lorenzo Núñez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0229/2012-BIO.

Denunciado: José Manuel Bouzas Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0259/2012-LSA.

Denunciado: Julio Jiménez Borja.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0084/2012-IA.

Denunciada: Mª del Carmen Suena Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.