Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1103

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1059/10).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 5 do Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referidos nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 527.

Vigo, 22 de setembro de 2011.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1059/2010 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de María del Mar Carneiro García, representada polo procurador dos tribunais Juan José Muíños Torrado, e con asistencia letrada de Alejandro de la Cuesta Martín, contra Antonio Aldegunde Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, e nos cales interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Juan José Muiños Torrado, en nome e representación de María del Mar Carneiro García, como demandante, contra Antonio Aldegunde Rodríguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e na cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese a María del Mar Carneiro García a garda e custodia da filla menor, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. Antonio Aldegunde Rodríguez satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 120 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, tendo esta consideración, entre outros, os derivados de tratamentos médicos, cirúrxicos, protésicos, ortopédicos ou odontolóxicos non cubertos polo sistema sanitario público.

Terceiro. Atribúese o uso da vivenda familiar a María del Mar Carneiro García, en cuxa compañía queda a filla menor.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se preparará, se for o caso, ante este xulgado, no prazo de cinco días, a partir da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».