Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (947/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 947/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Metalúrgica Moguereña, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Autos 947/2011.

Na cidade da Coruña, 14 de decembro 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (responsabilidade directa en accidente de traballo e reintegro de prestacións), por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada polo letrado Sr. Vilela Pascual, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada Sra. Suárez Herva, e a empresa Metalúrgica Moguereña, S.L., que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Metalúrgica Moguereña, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, condeno a empresa a que lle reintegre á mutua demandante a cantidade de cento noventa e sete euros e setenta e seis céntimos (197,76 €), coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa consideración de sucesores do antigo Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metalúrgica Moguereña, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 19 de decembro de 2012

O secretario xudicial