Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (597/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 597/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fontenla Fernández contra a empresa Alvac, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 597/2010, seguidos por instancia de José Manuel Fontenla Fernández, representado polo letrado Iván López Amor, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Universal Mugenat, representada por Manuela Caamaño Lado, e a empresa Alvac, S.A., que non comparece malia estar citada, sobre lesións permanentes non invalidantes.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Manuel fontenal Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Universal Mugenat e a mercantil Alvac, S.A. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alvac, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

O secretario xudicial