Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1107

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (18/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 18/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Neu Pan, Valentín Iglesias Ordóñez, José Manuel Quintáns Rodríguez e María José Moares Rial contra a empresa Maite Rial Muebles, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 18/2011, sendo demandantes Susana Neu Pan, Valentín Iglesias Ordóñez, José Manuel Quintáns Rodríguez e María José Moares Rial, representados polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Maite Rial Muebles, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Susana Neu Pan, Valentín Iglesias Ordóñez, José Manuel Quintáns Rodríguez e María José Moares Rial contra a empresa Maite Rial Muebles, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Susana Neu Pan a cantidade de 7.730,09 euros, a Valentín Iglesias Ordóñez a suma de 7.363,75 euros, a José Manuel Quintáns Rodríguez a cifra de 7.363,75 euros e a María José Moares Rial o montante de 7.865,88 euros que lles debe, cantidades que deberán incrementarse co xuro de demora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Maite Rial Muebles, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial