Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (63/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 63/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor Gómez López contra a empresa Iberhealth-Investimentos e Participações SGPS, S.A., Holmes Place, S.L., Iberhealth Coruña-Explotación de Health Clubs, S.L. (Holmes Place A Coruña), sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 63/2011, sendo demandante Héctor Gómez López, asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandadas as empresas Iberhealth Coruña-Explotación de Health Clubs, S.L. (Home Place A Coruña), Iberhealth-Investimentos e Participações SGPS, S.A. e Holmes Place, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Héctor Gómez López contra as empresas Iberhealth Coruña-Explotación de Helath Clubs, S.L. (Home Place A Coruña), Iberhealth-Investimentos e Participações SGPS, S.A. e Holmes Place, S.L. (na actualidade HP Health Clubs España, S.L.) e, en consecuencia, condeno estas últimas a aboar a Héctor Gómez López a cantidade de 3.974,84 euros que lle deben, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Iberhealth-Investimentos e Participações SGPS, S.A., Holmes Place, S.L., Iberhealth Coruña-Explotación de Health Clubs, S.L. (Holmes Place A Coruña) expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial