Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de decembro de 2012, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/140/2012, devolta polo órgano notificador por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 27 de novembro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a María del Carmen González Acevedo polas obras e usos do solo executadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes en parcelación urbanística, dúas edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar, dúas edificacións de planta baixa, soleiras de formigón e peche no lugar de Campos de Pousada, parroquia de Beira, no termo municipal de Carral, na provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística