Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de información pública relativo a unha fábrica de conservas e elaborados.

Exposición pública da solicitude de avaliación de incidencia ambiental.

Conservas Lago Paganini S.L. solicitou deste concello a avaliación de incidencia ambiental para fábrica de conservas e elaborados que se situará no Alto da Portela, San Cosme. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formular por escrito as reclamacións e/ou observacións que consideren oportunas.

Cangas, 3 de setembro de 2012

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde