Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo a un proxecto de ampliación de corte para vacún de leite, esterqueira e fosa de zurro.

Juan Carlos Pita Valiña en representación de S.A.T. Pedrón A Ponte, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de ampliación de corte para vacún de leite, esterqueira e fosa de zurro, no lugar de Pedrón da parroquia de Goberno (parcelas catastrais números 259 e 262 do polígono 4), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 21 de decembro de 2012

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde