Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun posto de xefe do corpo da Policía local por libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 239, do 17 de decembro de 2012, publicáronse as bases aprobadas polo Decreto da Alcaldía do 11 de decembro de 2012, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 posto de xefe do corpo da Policía local. Libre designación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíwns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública