Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1138

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3).

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 29 de novembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Desestimar a alegación presentada por Emalcsa.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3), producido por Oficina de Planeamento, S.A. para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que consta no expediente.

Terceiro. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos interesados.

Quinto. De conformidade co disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, remitir certificación do presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, xunto cunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre o que recae o presente acordo de aprobación definitiva debidamente dilixenciados pola secretaria do concello.

Sexto. Determinar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses conforme o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Culleredo, 11 de decembro de 2012

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo