Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1139

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación do convenio urbanístico.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 21 de decembro de 2012, aprobou inicialmente a modificación do convenio urbanístico, de data do 14 de outubro de 2011, asinado entre o Concello de Ordes e Xestión Urbanística de A Coruña, S.A., para a permuta de superficies no parque empresarial de Merelle, Ordes.

De conformidade co disposto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública, por prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no DOG, dentro do cal os interesados poderán examinar o expediente na secretaría municipal e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ordes, 27 de decembro de 2012

Manuel Regos Boquete
Alcalde presidente