Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública relativo a unha actividade de oficina, almacén e garaxe.

Exc. y Construcc. Laureano Covelo, S.A. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para actividade de oficina, almacén e garaxe, e cumprindo o disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Ponteareas, 23 de outubro de 2012

Salvador González Solla
Alcalde