Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN pola que se anuncia a licitación do contrato de prestación dos servizos complementarios e de colaboración na xestión recadatoria municipal na vía de constrinximento e para a colaboración na xestión administrativa e recadación das multas de tráfico.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno local.

2. Obxecto: a) Cláusula 1 PCAP. b) Duración: 2 anos. c) Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 3.728.663,84 € (3.081.540,37+647.123,47 €).

5. Clasificación empresarial: cláusula 11 PCAP.

6. Garantía definitiva: cláusula 25 PCAP.

7. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra 36071. Teléfono 986  80 43 00. Fax 886 21 28 43 e na páxina web www.pontevedra.eu.

8. Presentación de ofertas: cláusula 22 do PCAP.

9. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

10. Data do envío ao DUE: 14 de decembro de 2012.

Pontevedra, 14 de decembro de 2012

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno