Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación urxente, dos servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos desta consellería, en distintos certames feirais que se celebrarán no ano 2013, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 01/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que se celebrarán no ano 2013.

c) División por lotes e número: si, 2. Lote nº 1: RHEX Rimini Horeca Expo 2013 (Rimini, Italia, que se celebrará do 23 ao 26 de febreiro de 2013), European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica, que se celebrará do 23 ao 25 de abril de 2013). Lote nº 2: Expomar (Burela, Lugo, que se celebrará do 23 ao 26 de maio de 2013), Conxemar (Vigo, Pontevedra, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro de 2013) e outras feiras institucionais.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é desde a sinatura do contrato e ata os cinco (5) días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames no lote 1 e ata o 31 de decembro de 2013 no lote 2.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 370.000 €, IVE (21 %): 77.700 €. Importe total: 447.700 €.

Valor estimado incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 370.000 €.

5. Financiamento: fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría C, segundo o apartado H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 62 61 (consultas técnicas)

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18231

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar