Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rubiá

ANUNCIO de información pública relativo a unha instalación de tratamento de areas.

Luis Fernández Fernández, en representación de Calizas Rubiá, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de planta de tratamento de areas, en Rubiá, na paraxe denominada monte de Penarxel. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Rubiá, 18 de decembro de 2012

Elías Rodríguez Núñez
Alcalde