Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización dunha zona do polígono de Coia (expediente 12639/411).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 16 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de 502 vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e camiño da Raposa, no polígono de Coia, promovido polo IGVS e redactado pola arquitecta Cristina Cameselle Solá, con datas de novembro de 2010 e xullo de 2012.

Segundo. Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación da provincia.

Terceiro. Acordar, con base no artigo 77.2 da LOUGA, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este ámbito está conformado polas edificacións sitas nas rúas Moaña cos números 2 a 32 e Bueu cos números 1 a 46 e correspondentes espazos interiores, segundo a delimitación que reflicte o plano catastral INF-03, asinado pola arquitecta Cristina Cameselle Solá en novembro de 2010, escala 1:1000 (tomo «Planos» do referido Plan especial) que será, así mesmo, obxecto da publicación referida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de 502 vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e camiño da Raposa, no polígono de Coia, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Notificar o presente acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro e, así mesmo, ao IGVS, coa indicación expresa, en ambos os casos, de que, ao tratarse dun mero acto de trámite, non é susceptible de recurso.

Durante o perído de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas.

Vigo, 23 de novembro de 2012

(Resolución 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

missing image file