Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do sector Suble 12, polígono dos Muíños.

A Xunta de Goberno local, en sesión celebrada o 14 de decembro de 2012, acordou aprobar inicialmente o proxecto do Plan parcial do sector Suble I2, polígono dos Muíños, termo municipal de Zas.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Diario de Bergantiños durante o prazo dun mes, contando desde a última das publicacións.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se coiden pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas na totalidade da área de repartición AR sector I2. A duración da suspensión é de 2 anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan parcial.

Zas, 17 de decembro de 2012

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde