Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública relativo a unha tenda de alimentos.

A empresa González Estalote y otro, C.B., con CIF núm. E15653405, con domicilio na r/ Esperanza, nº 4, Muros, solicita licenza de obra e actividade para unha tenda de alimentos nun baixo situado na r/ Castelao, nº 53, Muros (expediente 372/12), de acordo co proxecto da arquitecta técnica Marina Vigo Formoso.

De acordo co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– coa finalidade de que durante ese prazo poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Muros, 19 de decembro de 2012

Caridad González Cerviño
Alcaldesa