Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (29/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 29/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de David Germade Mosquera contra a empresa Progametal, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza con data do 10 de decembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 29/2011, en que foi demandante David Germade Mosquera, representado pola letrada Sra. Briones Amor, e demandada a empresa Progametal, S.L., pola que compareceu a administración concursal da empresa Progametal, S.L., coa representación de Ana María Ferreira González. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por David Germade Mosquera contra a empresa Progametal, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última ao aboamento a David Germade Mosquera da cantidade de 6.208,77 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno. Asinado. Publicada no día da súa data».

E para que lle sirva de notificación á entidade Progametal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial