Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1403/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos número 1403/2009 se ditou sentenza número 850/2012 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1403/2009, sendo demandante María José Alonso Veiga, representada pola letrada Sra. Lage Varela, e demandada a empresa Framepa, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera».

E ditame: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por María José Alonso Veiga contra a empresa Framepa, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a María José Alonso Veiga a cantidade de 4.410,56 euros que lle debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Framepa, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

A secretaria xudicial