Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (886/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 886/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Cardoso López contra a empresa Uzalia Servicios Auxiliares, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza número 851/2012 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 10 de decembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 886/2011, sendo demandantes María Lourdes Cardoso López, representada pola letrada Sra. Cabanas Piñol, e demandada a empresa Uzalia Sevicios Auxiliares, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)».

E ditame: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Lourdes Cardoso López contra a empresa Uzalia Sevicios Auxiliares, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a María Lourdes Cardoso López a cantidade de 9.779,15 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Uzalia Sevicios Auxiliares, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

A secretaria xudicial