Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (6/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 6/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Varela Díaz contra a empresa Knowledge Gestión Integral Proyecto, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza con data do 10 de decembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 6/2011, en que foi demandante Miguel Ángel Varela Díaz, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Knowledge Gestión Integral Proyecto, S.L. da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Miguel Ángel Varela Díaz contra a empresa Knowledge Gestión Integral Proyecto, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Miguel Ángel Varela Díaz a cantidade de 1.258,91 euros que lle debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno. Asinado.

E para que lle sirva de notificación á empresa Knowledge Gestión Integral Proyecto, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial