Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (58/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 58/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Muhammad Arif contra a empresa Laura Adina Badic, sobre ordinario, se ditou a sentenza con data do 26 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza:

A Coruña, 26 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 58/2011, en que foi demandante Muhammad Arif, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Laura Adina Badic, comparecida a través de Laura Adina Badic. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Muhammad Arif contra a empresa Laura Adina Badic e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Muhammad Arif a cantidade de 9.568,53 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Laura Adina Badic, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial