Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución dunhas instalacións eléctricas no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2012/149-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT, RBT A Contiña.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 946 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 0 da LMT ao CT Larazo e final no CT proxectado. Centro de transformación aéreo de 100 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no lugar da Contiña, Larazo, Vila de Cruces. Rede de baixa tensión aérea de 681 metros con condutor RZ.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 17 de agosto de 2012, no BOP do 16 de agosto, no xornal Faro de Vigo do 8 de agosto e no taboleiro de anuncios do Concello de Vila de Cruces. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación, segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

1. Abelardo Agra Asorey presenta un escrito en que solicita información sobre os prexuízos que lle poida causar o paso aéreo da liña sobre a súa leira e sobre o beneficio económico que obterá pola servidume de paso.

A empresa contesta remitíndose ao artigo 158 do Real decreto 1955/2000; con respecto ao beneficio económico, de non chegar a un acordo coa empresa, pasarase á fase de prezo xusto e pagamento, onde o Xurado Provincial de Expropiación determinará a cantidade que se pagará ao propietario, todo isto de acordo coa Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

2. Manuel Vilariño e 7 máis alegan que a cartografía que consta no expediente é insuficiente, que de acordo co Real decreto 1955/2000, non se pode impoñer servidume de paso sobre calquera tipo de propiedade e presenta un trazado alternativo en que se reduce a lonxitude da instalación e só dúas leiras serían obxecto de servidumes de paso.

A empresa contesta que se presentou a documentación para a tramitación de acordo coa lexislación vixente e non acepta a alternativa proposta baseándose en que se proxectou a solución que, tanto técnica como economicamente, resulta máis viable; ademais, a alternativa proposta afectaría propiedades que actualmente non o están.

3. Ramón Mejuto Vila presenta dúas alegacións iguais á anterior e, ademais, notifica erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

A empresa contesta no mesmo sentido, e indica, ademais, por un lado, que toma nota dos erros da RBDA, e por outro que a leira referida nunha das alegacións non está afectada pola instalación.

4. José Trigás González presenta unha alegación igual á nº 2 e solicita, ademais, un cambio de situación do apoio nº 9 e do transformador co fin de reducir riscos para a saúde.

A empresa contesta no mesmo sentido á parte común da alegación e, en relación aos riscos para a saúde, indica a existencia de estudos elaborados polo Ministerio de Sanidade e Consumo en que se manifesta que a exposición aos campos electromagnéticos non ocasiona efectos adversos sobre a saúde; con respecto á afección e situación do apoio nº 9, indica que é de 1,44 m2 de solo e a servidume de voo de 116 m2.

5. Manuel Vilariño Vila presenta outra alegación igual á nº 2 e solicita, ademais, o cambio de sitio do apoio nº 5.

A empresa contesta no mesmo sentido á parte común da alegación e con respecto ao apoio nº 5 indica que a afección de solo é de 1 m2 e a de servidume de voo 549 m2.

6. S.A. Xestora Bantegal presenta unha alegación en que solicita documentación para a identificación da leira afectada e modifica datos da RBDA.

A empresa contesta tomando nota dos cambios e presentando planos que posteriormente se remitiron ao alegante.

7. Mercedes e Pura Farroco Fernández presentan unha alegación en que sinalan erros na RBDA e que a cartografía unida ao expediente resulta insuficiente.

A empresa toma nota dos cambios na RBDA e manifesta que se presentou a documentación para a tramitación de acordo coa lexislación vixente.

Á vista do exposto, débese dicir que non existen limitacións para continuar cos trámites previstos no título VII do Real decreto 1955/2000.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquer outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 18 de decembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra