Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concerto, denominado: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia (46 prazas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: 5/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia (46 prazas).

b) Nº de lotes: 3. Lote 1: Santiago de Compostela: 7 prazas xerais e 1 especial. Lote 2. Vigo: 26 prazas xerais e 4 prazas especiais. Lote 3. Vilagarcía de Arousa: 7 prazas xerais e 1 praza especial.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña), Vigo e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 52 € (con IVE 10 %: 57,20 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE 10 %: 72,66 €) e prazas de día: 43,50 € (con IVE 10 %: 47,85 €).

Orzamento máximo inicialmente previsto sen IVE: 903.849,50 €. Total con IVE: 994.245,40 €.

5. Garantías.

Provisional: non se require.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación. IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18287

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20º) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

e) Data de apertura dos sobres B e C: sobre B: nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura do sobre que contén a documentación administrativa (sobre A) e darase a coñecer con antelación suficiente no perfil de contratante. Sobre C: o décimo quinto día hábil seguinte ao de finalizar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

f) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009 e disp. adic. 9ª Decreto 235/2012)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar