Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 27 de decembro de 2012 pola que se fai pública unha relación de resolucións de recursos de reposición interpostos contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xaneiro de 2012), correspondentes ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións de recursos de reposición interpostas contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 27 de xaneiro de 2012), correspondentes á avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e das que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido efectuar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións de recurso de reposición e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As citadas resolucións de recurso de reposición poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Eliseo Iglesias Soler

35454602X

21/1-11-D

José Ramón Souto López

32669726C

42/1-11-D