De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Expediente: IN421A/11R18599.
Interesado: Jesús Huertas Alvedro.
Acto que se notifica: resolución de denegación.
Expediente: IN421D/11R13551.
Interesado: José Enrique Leirós Rodríguez.
Acto que se notifica: resolución do recurso de reposición.
Expediente: IN421D/11R19023.
Interesada: Linovigo, S.L.
Acto que se notifica: resolución de arquivo.
Expediente: IN421D/11R19227.
Interesado: Rubén Vidal Outeiral.
Acto que se notifica: resolución de arquivo.
Expediente: IN421D/11R14995.
Interesado: Miguel Escudero García.
Acto que se notifica: resolución de denegación.