Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (37/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 37/2011 por instancia de José Antonio Martínez Lijo contra a empresa Alaplana Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13 de decembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame:

Estímase a demanda interposta por José Antonio Martínez Lijo fronte a Alaplana Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a Alaplana Coruña, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil cento vinte e dous euros con oitenta e oito céntimos de euro (3.122,88 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alaplana Coruña, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial