Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (722/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 722/2012 por instancia de Juan Manuel Díaz Rodríguez contra a empresa O Poliño, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 11 de decembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame.

Estímase a demanda formulada por Juan Manuel Díaz Rodríguez fronte a O Poliño, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por O Poliño, S.L. ao demandante Juan Manuel Díaz Rodríguez.

– Condénase O Poliño, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 11.437,54 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente ascenden a 6.930,63 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a súa notificación a razón de 35,91 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa O Poliño, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial