Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (30/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 30/2011 por instancia de José Miguel Romero Formoso contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., a Administración concursal de Cuadernas y Arcos, S.L. e a empresa Xestión e Desenvolvemento de Suelo Galego, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11 de decembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Miguel Romero Formoso fronte a Cuadernas y Arcos, S.L., a Administración concursal de Cuadernas y Arcos, S.L. e Xestión e Desenvolvemento de Suelo Galego, S.L. e, en consecuencia:

– Absólvese a Xestión e Desenvolvemento de Suelo Galego, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Cuadernas y Arcos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catorce mil seiscentos vinte e catro euros con setenta e sete céntimos de euro (14.624,77 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cuadernas y Arcos, S.L. e á empresa Xestión e Desenvolvemento de Suelo Galego, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial