Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 891

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

EDICTO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal referente a taller de lavado, engraxamento e cambio de pneumáticos.

María José Díaz Martul solicitou desta alcaldía licenza municipal para acondicionamento á normativa vixente e legalización de actividade de taller de lavado, engraxamento e cambio de pneumáticos, situado na Estrada Xeral, nº 18, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Rodeiro, 13 de decembro de 2012

Luís López Diéguez
Alcalde