Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

EDICTO polo que se fai pública a solicitude de licenza de cambio de orientación zootécnica dunha explotación de porcino.

Unha vez solicitada por Espército Álvarez Vázquez licenza de cambio de orientación zootécnica dunha explotación de porcino, que pasa de ciclo pechado para 60 nais a ceba para 800 animais, no lugar das Cerdeiras (Armental), e unha vez sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste Concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente, procédese a abrir de novo período de información pública polo termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de atención ao público.

A Peroxa, 13 de decembro de 2012

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde