Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

EDICTO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para taller de reparación de vehículos.

Unha vez solicitada por Pedro Pérez Lorenzo licenza de actividade de taller de reparación de vehículos na rúa Centro de Saúde, 23 (A Peroxa) e unha vez sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste Concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimiento da normativa vixente, procédese a abrir novamente período de información pública polo termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de atención ao público.

A Peroxa, 13 de decembro de 2012

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde